Wednesday 01 de May de 2024

Os nenos e nenas de Oroso celebraron o Día da Biblioteca co espectáculo de Fanfarra Títeres


 

Case medio cento de veciños e veciñas de Oroso, sobre todo nenos e nenas menores de 10 anos, asistiron ao espectáculo de monicreques “A biblioteca dos libros perdidos”, celebrado no salón de actos do centro cultural Fernando Casas e Novoa para conmemorar o Día da Biblioteca. Un espectáculo de Fanfarra Títeres, organizado polo Concello de Oroso e a Deputación Provincial da Coruña.

 

“A biblioteca dos libros perdidos” amosoulles aos pequenos orosáns todos os segredos sobre os “libros perdidos”, que son aqueles que pola falla de interese da xente pola súa lectura están en perigo de se perderen para sempre. Un espectáculo de monicreques e sombras chinesas que encandilou aos nenos e nenas de Oroso.